HomePolíticaUn rexistro de familias acolledoras para atender a refuxiados de Ucraína, solicitan...

Un rexistro de familias acolledoras para atender a refuxiados de Ucraína, solicitan desde Espertamonforte!

O obxectivo é que a administración local sexa intermediaria entre as familias que desexen acoller a refuxiados e os propios refuxiados, facilitando desta forma todos os trámites precisos, e poñer a disposición os recursos dos Servizos Sociais do Concello co fin de proporcionar a mellor atención posible ás persoas desprazadas e acolledoras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iniciativa de EspertaMonforte! pretende dar un pouco de esperanza a esas persoas que se ven obrigadas a deixar a súa casa, e que neste momento non teñen a onde ir. “Estamos vendo un dos éxodos mais importantes da historia e pensamos que non chega chorar vendo as imaxes de nenas/os despedidos/as por uns pais/nais coa esperanza de que sigan vivos,” sinalan.

Dín estar convencidos de que Monforte conta con familias dispostas a botar unha man, tal e como se comprobou coas recentes mostras de solidariedade xuntando en apenas unhas horas máis de 35 palés de alimentos, material sanitario e de hixiene, roupa e outros utensilios de primeira necesidade gracias as aportacións de moitos monfortinos e monfortinos en resposta á solicitude iniciada pola Asociación Cultural “Luis Nieves”, entre outras voluntarias.

Sinalan desde Espertamonforte que están en contacto con asociacións que traballan en Polonia, preto da fronteira con Ucraína e que precisan recibir información de a onde poden enviar esas familias. “Por todo isto solicitamos que se poña en marcha de xeito urxente un rexistro de familias acolledores en Monforte de Lemos“, conclúen.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...