HomePolíticaCourel Vivo solicita o servizo de Coidados Porta a Porta

Courel Vivo solicita o servizo de Coidados Porta a Porta

Courel Vivo presenta ao vindeiro pleno de marzo, que o Courel sexa incluido neste programa da Xunta, que consiste en que un autobús con servizo de revisión de podoloxía, oculista, e estimulación da memoria, se desplace tres veces ó ano ao Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O servizo Redmay de Coidados Porta a Porta consiste en que un dos oito autobuses coa que conta desprácese ao concello tres veces ao ano ofrecendo revisións de podoloxía, oculista, e estimulación da memoria.

Segundo Courel Vivo este tipo de servizos é “moi necesario no noso concello, xa que hai moita poboación maior e para revisar ditos servizos,  temos que desprazarnos, en ocasións a 1 hora da casa.”

Esta solicitude, aseguran que xa a tiñan feito en pleno no 2020 e desde o concello afirmaron que o servizo chegaría, pero coa pandemia estabilizada segue sen chegar. Por iso deciden volver a levar a pleno a solicitude á Consellería de Política Social da Xunta para que inclúa o Courel no itinerario do servizo Redmay.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...