HomePolíticaO BNG de Pantón denuncia o "abandono insostible" das aldeas do concello

O BNG de Pantón denuncia o “abandono insostible” das aldeas do concello

A formación nacionalista vén de presentar unha moción para emprazar o goberno ao "arranxo urxente" dos accesos ao lugar do Pumar e da estrada que une as parroquias de Santo Estevo do Mato e San Martiño de Tribás.

Publicado o

- Advertisement -

O BNG de Pantón denuncia que o goberno municipal concentra nunha soa parroquia o “92,2% dos investimentos realizados ata o momento dende o 2019″ e pide unha maior atención ás 25 parroquias restantes do concello.

Por iso, a formación nacionalista vén de presentar unha moción para emprazar o goberno ao “arranxo urxente” dos accesos ao lugar do Pumar, na parroquiade San Martiño de Trigás, e tamén ao arranxo da estrada de titularidade municipal que une as parroquias de Santo Estevo do Mato e San Martiño de Tribás.

Dende o BNG critican un “abandono municipal indiscutible” das aldeas do concello que, según expoñen, se suma ao “abandono de responsabilidades” por parte da Xunta de Galicia, titular do corredor C.G. 2.1. onde “se forman balsas de auga e existe unha perigosidade de incendios, posto que o entorno do corredor debe ser rozado”, explica o BNG.

“O goberno municipal de Pantón hai tempo que limita os investimentos no rural a anuncios que nunca chegan, e agora nas aldeas xa palpamos o desprezo e a indiferenza coa que trata as nosas peticións”, afirma a portavoz municipal RosaAna Prieto Florines.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...