Homesociedade"En 7 anos Tomé non solucionou o problema máis grave de Monforte:...

“En 7 anos Tomé non solucionou o problema máis grave de Monforte: saneamento e abastecemento”, denuncian os populares

A voceira do Grupo Municipal do PP de Monforte, Katy Varela, considera “nulo” o interese de Tomé por solucionar o problema máis grave de Monforte: o abastecemento de auga e o saneamento. Nin un atisbo de interese nos 7 anos que leva na alcaldía aos que hai que sumar moitos máis de concelleiro”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois de producírense novas roturas de tubaxes deixando aos veciños de Monforte sen auga e “cos verquidos ao río Cabe no centro da cidade sen solucionarse”, Katy Varela califica de intolerable que o concello teña 7 millóns de aforro ademais dos orzamentos e non se resolvan “estos graves problemas que perxudican aos monfortinos.”

Varela lembra que “para iniciar as obras da zona C si que estivo rápido, tanto que ata as fixo sen o plan de urbanización aprobado de maneira definitiva”. Pola contra, lamenta que “para que os veciños de Monforte non sigan con máis cortes de agua, a acción brilla pola súa ausencia”.

A popular explica que “en xullo do 2019, nada máis comezar o último mandato, o Grupo Municipal Popular levou a pleno unha iniciativa para instar ao alcalde a solicitar ao Goberno central fondos Feder que quedaran sen executar para solucionar este problema en Monforte”. Nese mesmo sentido, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, puxo sobre a mesa do Goberno de Pedro Sánchez un macro proxecto de 10 millóns de euros no que se deberían implicar todas as administracións. Pero nin en Madrid nin en Monforte obtivemos resposta”.

“Parece que a Tomé non lle gusta que a Xunta invista en Monforte, pero o peor é que os veciños continúan co mesmo problema porque non hai indicios de darlle solución”, conclúe Varela.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...