HomePolíticaA situación do medio rural protagoniza este 9 de abril en Pantón...

A situación do medio rural protagoniza este 9 de abril en Pantón con dúas mesas redondas que organiza o BNG

Este sábado, 9 de abril, a primeira cita será ás 17:00 no local social da Santa Mariña de Eiré e a segunda no local social de Acedre ás 19:30.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG de Pantón retoma os actos informativos nas parroquias. Faino este sábado con dúas mesas redondas para dar a coñecer a actual situación do medios rural, a lei de montes veciñais en man común, as posibilidades e os cambios lexislativos aprobados polo goberno galego e que, a xuízo do BNG, afectan de maneira directa á poboación que habita o rural.

Apuntan dende o BNG de Pantón que “é importante que as persoas afectadas teñamos a información en tempo e forma por iso facemos dous actos, para achegar á persoas o coñecemento sobre as políticas que nos afectan, e analizar que podemos ou non facer” lembra a portavoz municipal da formación, Rosa Ana Prieto Florines que presentará ás deputadas de Medio Rural, Carme Aira, e María G. Albert.

A participación é aberta a todos os públicos e preténdese de utilidade para a vida cotiá da veciñanza.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...