O Partido Popular alerta de que Monforte é o concello da Zona Sur coa porcentaxe máis baixa na atención a domicilio, “o que demostra o escaso interese do goberno local deste municipio por atender ás persoas que máis o precisan”
Segundo Raquel Arias, nos concellos de Pantón, Sober, O Saviñao, Bóveda, A Pobra do Brollón, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil; a ratio de atención supera o 80% e en Monforte baixa ao 55%.
Katy Varela asegura que este datos demostran “a mala xestión do goberno socialista, deixando a Monforte en moi mal lugar con respecto ao resto da comarca”. Por iso, pídelle ao rexedor socialista que “se poña a traballar e solucione os problemas reais de Monforte, como o abastecemento de auga ou o ter unha poboación envellecida que merece ser atendida e proporcionarlle os medios necesarios para que teñan a mellor calidade de vida”, defende.
A Xunta de Galicia paga este servizo e anuncia que simplificará os trámites burocráticos que conleva a tramitación da dependencia e amplía a colaboración financieira cos Concellos un 24% o ao longo desta lexislatura, pasando de 9,7 euros a 12 no ano 2024. “Estamos, por tanto, ante unha cuestión de vontade política, xa que non hai ningunha xustificación de por que Monforte ten unha cobertura tan baixa. Se O Saviñao, Sober ou Ribas de Sil si que se preocupan polos seus maiores, por que o Sr. Tomé non fai o mesmo?”, pregunta a deputada.
SAF Zona Sur
Segundo a información facilitada á deputada autonómica a atención do SAF é a seguinte nesta comarca:
MONFORTE DE LEMOS
Monforte ten 76.380 horas anuais de SAF asignadas (6.365 mensuais) polas cales a Xunta pon á súa disposición 840.000€ (11€/hora).
- En febreiro de 2022, a ratio de atención no Concello é do 55%: 124 beneficiarios atendidos e 101 pendentes (3 de grao III, 16 de grao II e 82 de grao I). Das horas mensuais asignadas, 6.118 están sendo efectivamente prestadas e 247 están dispoñibles.
O SAVIÑAO
O Saviñao ten 70.356 horas anuais de SAF asignadas (5.863 mensuais) polas cales a Xunta pon á súa disposición máis de 770.000€ (11€/hora).
- En febreiro de 2022, a ratio de atención no Concello é do 91%: hai 163 beneficiarios atendidos e 16 pendentes (1 de grao III e 15 de grao I). Das horas mensuais asignadas, 5.748 están sendo efectivamente prestadas e 115 están dispoñibles.
BÓVEDA
Bóveda ten 9.288 horas anuais de SAF asignadas (774 mensuais) polas cales a Xunta pon á súa disposición 100.000€ (11€/hora).
- En febreiro de 2022, a ratio de atención no Concello é do 100%, con 14 persoas atendidas, a totalidade. Das horas mensuais asignadas, están empregando 545.
A POBRA DO BROLLÓN
A Pobra do Brollón ten 15.204 horas anuais de SAF asignadas (1.267 mensuais) polas cales a Xunta pon á súa disposición preto de 170.000€ (11€/hora).
- En febreiro de 2022, a ratio de atención no Concello é do 91%: 42 persoas atendidas e 4 pendentes (1 de grao III e 3 de grao 1). Das horas mensuais asignadas, 1.142 están sendo efectivamente prestadas e 125 están dispoñibles.
PANTÓN
Pantón ten 26.760 horas anuais de SAF asignadas (2.230 mensuais) polas cales a Xunta pon á súa disposición máis de 290.000€ (11€/hora).
- En febreiro de 2022, a ratio de atención no Concello é do 83%: 66 beneficiarios atendidos e 13 pendentes (todos de grao I). Das horas mensuais asignadas, 2.033 están sendo efectivamente prestadas e 197 están dispoñibles.
SOBER
Sober ten 24.288 horas anuais de SAF asignadas (2.024 mensuais) polas cales a Xunta pon á súa disposición preto de 270.000€.
- En febreiro de 2022, a ratio de atención é do 82%: 84 beneficiarios atendidos e 18 pendentes (1 de grao II e 17 grao III). Das horas mensuais asignadas, 1.962 están sendo efectivamente prestadas e 62 están dispoñibles.
FOLGOSO DO COUREL
Folgoso ten 14.400 horas anuais de SAF asignadas (1.200 mensuais) polas cales a Xunta pon á súa disposición preto de 160.000€ (11€/hora).
- En febreiro de 2022, a ratio de atención é do 94%: 31 beneficiarios atendidos e 2 pendentes (1 de grao III e 1 de grao I). Das horas mensuais asignadas, 832 están sendo efectivamente prestadas e 368 están dispoñibles.
QUIROGA
Quiroga ten 26.772 horas anuais de SAF asignadas (2.231 mensuais) polas cales a Xunta pon a súa disposición máis de 290.000€.
- En febreiro de 2022, a ratio de atención no Concello é do 87%: 60 beneficiarios atendidos e 9 pendentes (todos de grao I). Das horas mensuais asignadas, 2.103 están sendo efectivamente prestadas e 128 están dispoñibles.
RIBAS DE SIL
Ribas de Sil ten 8.556 horas anuais de SAF asignadas (713 mensuais) polas cales a Xunta pon á súa disposición 94.000€.
- En febreiro de 2022, a ratio de atención no Concello é do 82%: 19 beneficiarios atendidos e 4 pendentes (todos de grao I). Das horas mensuais asignadas, 635 están sendo efectivamente prestadas e 78 están dispoñibles.