HomePolíticaAgroma Sober denuncia as carencias de saneamento e aposta por un Centro...

Agroma Sober denuncia as carencias de saneamento e aposta por un Centro de Interpretación da Viticultura

Agroma Sober pediu no último pleno un informe coas actuacións de mantemento realizadas nos últimos dous anos na rede de saneamento e as previsións de mantemento, así como informe do seu estado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde Agroma Sober sinalan que nos últimos orzamentos presentados non houbo partida específica para mantemento de depuradoras e téñense observado algunhas deficiencias en distintas parroquias, polo que pediron ao pleno este informe sobre o seu estado, que o Goberno Local se comprometeu a trasladar próximamente.

“Ten que ser unha prioridade municipal o mantemento axeitado do saneamento e a súa extensión; non pode ser que se inaugure o miradoiro da fervenza do Portizó e que este regato haxa días que cheire de xeito apreciable. Tamén tardou en avanzar o saneamento en Arxemil ou está aínda por despregar en partes de Neiras,” aseguran desde Agroma Sober.

O Alcalde trasladou ao Pleno que se sacará prego de contratación de mantemento de depuradoras e decantadoras, cuestións ás que estarán atentos desde Agroma Sober.

Sobre o que foi do chamado “Museo Etnográfico”, sinalou o Goberno Local que as pezas doadas no seu día están gardadas e que se fará un centro de interpretación. Para Agroma Sober debe ser un centro de interpretación da viticultura e cultura do viño, importante nun Concello que conta coa subzona de Amandi e gran extensión de ribeira.

Agroma Sober reiterou no pleno a necesidade de trasladar a doazón que realizaron durante a pandemia de 1000 € dos seus fondos municipais á área de Servizos Sociais, que tivo que ser reforzada coa crise do coronavirus.

ÚLTIMAS

Ata o 7 de novembro pódense solicitar as axudas ao transporte do alumnado universitario e de ciclos formativos de Monforte

As axudas están dirixidas a cubrir os gastos de transporte público do alumnado universitario...

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...

Presentado o cartel do ‘Xanela Fest’ que promove a operadora chantadina Xanela

Este venres 10 de outubro presentouse en Guntín o cartel do Xanela Fest, evento...