HomePolíticaEspertaMonforte! solicita subvencións específicas para os clubs deportivos en competicións nacionais e...

EspertaMonforte! solicita subvencións específicas para os clubs deportivos en competicións nacionais e internacionais

EspertaMonforte! ten solicitado con anterioridade substituir o actual sistema de subvencións nominativas aos clubs deportivos por outro sistema de subvencións de concorrencia competitiva, ao consideralo máis xusto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Consideran desde EspertaMonforte! que o actual sistema de subvecións nominativas non ten en conta o número de deportistas que participan nas actividades organizada por un club, nin o nivel das competicións nas que participa, nin os éxitos acadados en cada tempada.

EspertaMonforte! entende que unha moción para modificar o modelo de subvención nominativa por outro de concorrencia competitiva sería votado en contra. O que propoñen é convocar unha liña extraordinaria de axudas e subvencións para aqueles clubs deportivos que participen como mínimo no Campionato de España, Europeo ou Mundial da modalidade deportiva que corresponda durante o período que abrangue cada convocatoria.

Esta iniciativa de EspertaMonforte! nace “ao ser conscientes do esforzo económico que a práctica deportiva supón para as familias dos mozos deportistas e dos clubs deportivos de base, sobre todo cando grazas ao seu esforzo e dedicación é posible participar en competicións deportivas fóra do ámbito da xeografía galega e en moitos casos da xeografía nacional”, sinalan.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...