Os socialistas de Pantón critican que o PP rexeite baixar o IBI

O PSOE presentaba ao último pleno unha moción na que reclamaban a baixada do IBI, “co fin de diminuír o tipo de gravame ao 0,49% tanto para bens inmobles de natureza urbana como para os de natureza rústica”, sinalan.

Concello de Pantón / XdL

Desde o PSOE de Pantón aseguran que presentaron a moción despois de escoitar as peticións de veciños e veciñas sobre o encarecemento das súas economías. Pero tras a celebración do pleno afirman que “ao PP de Pantón e ao seu goberno só lle interesa o seu peto e non a economía e os ingresos das nosas familias”.

Aseguran os socialistas que tanto o Alcalde como os restantes representantes do PP na Xunta de Goberno, “ingresan 350 euros por cada reunión á que asisten, celebrando unha media mensual de tres reunións, cunha duración de cada 30 minutos cada unha, o que supón un montante mensual de máis de 1.000 euros que é o que ingresa cada concelleiro do PP convocado a esta xuntanza. O Goberno e o Alcalde son hábiles para recibir ingresos do Concello, pero non o son para diminuír as cargas financeiras dos nosos veciños e veciñas.”

Insisten desde o PSOE en que seguirán impulsando propostas para aliviar as economías familiares do concello e volven a demandar “a Sanidade e ao Alcalde unha solución para que se cubran as prazas do centro de saúte e non seguir desatendidos”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here