HomePolíticaFarolas para acceder ao Pazo de Sober e non para atender ás...

Farolas para acceder ao Pazo de Sober e non para atender ás necesidades da veciñanza, denuncia Agroma Sober

Agroma Sober vén de rexistrar para o vindeiro pleno unha petición de explicacións ao Concello pola instalación de farolas nunha travesía interurbana que vai dende a rotonda de entrada a Sober pola estrada de Monforte ata o cruce que se usa para acceder ao Pazo de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo Agroma Sober, as 8 farolas instaladas colocáronse ata o cruce de acceso ao Pazo de Sober, cando hai unha casa uns 100 metros despois que carece de iluminación. “Polo tanto, estas 8 farolas están para iluminar unha travesía pola que se vai en coche – hai paseos pola zona, pero soen ser de día e non é unha zona moi transitada”, sinalan desde Agroma Sober.

Engaden, “Que saibamos, o préstamo millonario concedido polo IGAPE á anterior empresa do Hotel Pazo de Sober aínda non foi devolto, pero este complexo hoteleiro continúa beneficiándose de recursos públicos diante de outros puntos con máis necesidades.” E preguntan sobre o custe da instalación destas farolas e os criterios para esta obra.

Lamentan a preocupación por esta travesía “fronte o desleixo da rúa da Mina, perpendicular con esta, que é unha rúa comercial cos pasos de peóns totalmente borrados e que precisa unha mellora do firme nalgúns puntos.” Tamén pedirán que se corrixan as deficiencias na colocación de farolas na rotonda de entrada a Sober.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...