HomePolíticaOs socialistas do Saviñao instan ao concello a solucionar os cortes de...

Os socialistas do Saviñao instan ao concello a solucionar os cortes de auga na vila

Os socialistas do Saviñao defenderon unha moción na pasada sesión plenaria, que foi aprobada por unanimidade, coa que instan ao Concello a arranxar os constantes problemas de cortes de auga na vila

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os socialistas reclaman ao PP arranxar de xeito integral a tubería máis antiga e máis deteriorada das instalacións existentes. Tamén solicitan a Augas de Galicia “que co investimento percibido no chamado “Canón da Auga, este financiamento reverta na veciñanza do Saviñao”.

O voceiro socialista, Celestino Rodríguez Pombo, remarcou que rexistrou esta iniciativa, “tras escoitar as constantes queixas da veciñanza e do pequeno comercio do Saviñao, xa que ultimamente rexistráronse varios incidentes que obrigaron a unha interrupción do subministro da auga, e nos últimos meses estes cortes sucederon cada vez con máis frecuencia”, advertiu.

Rodríguez Pombo replica que “o funcionamento deste servizo é totalmente deficiente, e debemos ter en conta que é un ben básico, unha problemática que xera innumerábeis prexuízos á poboación en xeral e con maior impacto ó noso tecido comercial e industrial”. E lembra que dende Agrupación Socialista do Saviñao xa defenderon diversas iniciativas no Pleno da Corporación, reclamando ao PP que solventara esta situación.

“Imos a estar vixiantes para que se cumpra este acordo plenario. Cando hai un problema hai que afrontalo, tomar decisións e buscar si é preciso, financiamento para solventalo, pero non escondelo nun caixón a esperar que pase. Goberno do PP, fagan algo a actúen xa, porque senón os cortes de auga van a seguir na nosa vila”, concluíu Celestino Rodríguez.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...