HomePolíticaO BNG de Monforte reclama melloras salariais para o persoal do SAF

O BNG de Monforte reclama melloras salariais para o persoal do SAF

O BNG presenta unha moción de cara ao vindeiro pleno municipal na que se reclama unha mellora nas condicións laborais das traballadoras e traballadores do Servizo de Axuda no Fogar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proposta do BNG de Monforte insta á Xunta de Galicia a asumir a súa competencia neste servizo, mediante a creación dun sistema público e galego de coidados, que garanta o dereito dunha vellez digna a toda a poboación. Ademais, o BNG reclama que o goberno galego traballe xunto coas organizacións sindicais e as empresas, garantindo o cumprimento do convenio colectivo do sector da atención a domicilio, cumprindo co
incremento salarial do 6,5% ás traballadoras e traballadores deste servizo.

“Os servizos públicos garanten que a veciñanza poida contar con ferramentas que fagan a vida máis doada”, explica o voceiro do BNG, Emilio Sánchez, que engadiu “o SAF permite garantir o dereito a unha vellez digna, e o persoal que presta este servizo cumpre un papel esencial, proporcionando atención e realizando as tarefas necesarias para que
moitas persoas poidan garantir a súa calidade de vida”.

“As traballadoras do SAF levan loitando moitos anos pola súa profesionalización e contra os abusos das empresas concesionarias”, declarou Emilio Sánchez. Segundo o portavoz do BNG, “é de dereito recoñecer e facer efectivos os convenios do sector, e avanzar na mellora das condicións laborais das traballadoras e traballadores deste servizo esencial.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...