HomePolíticaCando entrará en funcionamento o complexo turístico de Augas Mestas?

Cando entrará en funcionamento o complexo turístico de Augas Mestas?

O voceiro, Javier Castiñeira, subliña o compromiso do Grupo Provincial Popular co complexo turístico de Augas Mestas, situado no municipio de Quiroga. Así, os populares interesáronse no último pleno da Deputación -atendendo tamén á petición do alcalde e o goberno local- pola data na que o goberno provincial ten previsto que estas instalacións estean en marcha.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Castiñeira lembrou que a voceira socialista e delegada de Turismo, Pilar García Porto, aseguraba en xuño do 2020 no debate dunha proposta do Grupo Popular que a expectativa do goberno provincial era “poñelo en marcha nos próximos tempos, canto antes mellor”. Polo tanto, “queda claro o seu incumprimento: non foi en próximas datas, pasaron xa dous anos e segue pechado”.

Ademais da falta de datas claras por parte da delegada de Turismo, o voceiro popular condena “as formas” que supoñen “unha falta de respecto aos veciños de Quiroga, ao Concello que está preocupado porque funcione canto antes esta área recreativa; senón a tódolos veciños da provincia”. Castiñeira considera “evasivas” as respostas “dando a entender que é un tremendo lío e que non lles interesa”.

Castiñeira sinala tamén que é “ofensiva a falta de asunción de responsabilidades por parte de García Porto, botando balóns fóra e culpando a unha inexistente concesionaria e a gobernos anteriores, cando levan 15 anos gobernando na Deputación sen facer nada”.

O voceiro do Grupo Provincial Popular cre que “a delegada de Turismo debe pedir desculpas aos veciños de Quiroga e debe dar un paso adiante” porque “o único que nos avanzou é que se acaba de conseguir o permiso da Confederación Hidrográfica; pero aínda hai moitas cousas por diante para facer. Botamos en falta unha resposta clara e concisa”, conclúe.

ÚLTIMAS

Declaración de Impacto Ambiental desfavorable para os parques eólicos Agratina e Agromaces na comarca de Chantada

Estes dous parques formaban parte do expediente conxunto PEOL-913 AC (no que tamén se...

San Clodio suspende as Festas Patronais que se celebrarían do 29 ao 31 deste mes

En sinal de dó e respecto polas vítimas, as bandeiras dos edificios municipais ondean...

Se sabes algo deste menor desaparecido, avisa

A Asociación SOS Desaparecidos difundiu unha alerta pola desaparición de Diego L., un menor...

Ribas de Sil contará con servizo de ludoteca en novembro

A Área de Igualdade do Concello de Ribas de Sil informa da posta en...