HomePolíticaO PP solicita por vía urxente ao Goberno central a declaración de...

O PP solicita por vía urxente ao Goberno central a declaración de zona catastrófica dos concellos afectados polos lumes

En atención a esta declaración como zona catastrófica, a iniciativa popular pide aplicar as medidas dispostas no artigo 24 da lei 17/ 2015, do 9 de xullo, que resulten convenientes para paliar os danos provocados polos incendios, en concreto nos concellos de Folgoso do Courel, Quiroga, A Pobra do Brollón e O Incio na provincia de Lugo e os que corresponden en Ourense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Grupo Popular rexistra unha iniciativa parlamentaria por vía urxente encamiñada a dirixirse ao Goberno central co obxectivo de declarar os concellos afectados polos lumes do mes de xullo, provocados por un fenómeno atmosférico extraordinario, como zona  catastrófica (zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil, segundo a denominación normativa) e facelo o máis axiña posible, na busca da maior axilidade e da menor burocracia para a súa execución e execución das axudas e a restauración das zonas afectadas.

Entre estas medidas figura a concesión de axudas económicas a particulares por danos en vivenda habitual e aveños de primeira necesidade; axudas a establecementos industriais, mercantís, culturais e de servizos ou subvencións por danos en producións agrícolas, gandeira e forestais.

Tamén se contempla o que figura na lei como é realizar compensacións ás corporacións locais por gastos de actuacións inaprazables; subvencións por danos en infraestruturas municipais, hidráulicas ou mesmo aplicar medidas fiscais, laborais e da Seguridade Social.

Os deputados populares sinalan que o obxectivo é acadar a máxima implicación por parte das administracións, e contar co apoio do Parlamento de Galicia para continuar a liña iniciada pola Xunta de Galicia, que xa aprobou unhas axudas de emerxencia por valor de máis de 9M€ para que cheguen aos destinatarios en menos de tres meses. E, agora, indican os deputados populares, “o Goberno central debe tamén actuar no seu ámbito de competencias para apoiar esa recuperación.”

Na iniciativa parlamentaria pídese elaborar, o máis axiña posible, o informe sobre os danos producidos no territorio do Courel e Valdeorras e que o Goberno comunique aos concellos a súa decisión sobre a aprobación de medidas de axudas aplicadas, para as previsións orzamentarias municipais. Así mesmo, solicítase activar, de forma independente á declaración como zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil, as axudas acordes ás características e necesidades do acontecemento, afrontar a recuperación e restauración dos impactos sobre as zonas danadas, levar a cabo a coordinación e seguimento das medidas creando unha comisión de coordinación e, no caso de que as axudas tivesen repercusións tributarias para os afectados, habilitar as correspondentes exencións totais para evitar a súa tributación nos impostos estatais

ÚLTIMAS

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...

‘Marida Maio’ ten que ampliar o aforo na súa 2ª convocatoria

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da...