HomePolíticaSan Cristovo de Martín en Bóveda leva máis dun mes sen auga,...

San Cristovo de Martín en Bóveda leva máis dun mes sen auga, aseguran os socialistas

A Voceira de PSdeG de Bóveda, Carmen Macía mantivo unha xuntanza con afectados da parroquia de San Cristovo de Martín que levan preto dun mes sen auga. Din que hai gandeiros que teñen que trasladar o ganado a outras fincas, xa que non poder darlles de beber.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Carmen Macía explicou que os afectados presentaron un escrito no concello a principios deste mes para denunciar a situación que están padecendo, xa que se secou o manantial particular que lles subministraba a auga no seu domicilio, co fin de atopar posibles solucións, “tres semanas despois, o único que tiveron foi a calada por resposta”, criticou.

A voceira asegura que a mesma situación esta acontecendo nos lugares de Filgueiro, Outeiro, Casbeiro e Piñeiro, na mesma parroquia de San Cristovo de Martín. E lembra que segundo recolle a normativa, concretamente nos artigos 18 e 25 da Lei de Réxime de Bases Local, “os veciños teñen dereito ao subministro de auga potable no domicilio e a evacuación e tratamento de augas residuais. Polo tanto, non entendemos como o Concello do PP non fai absolutamente e abandona á veciñanza, cando é a súa competencia subministrar auga ás parroquias. Si pasa o recibo para cobrala terán que dar ese servizo”, incidiu.

Os socialistas remarcan ademais que preto destes domicilios o Concello de Bóveda dispón de tanques de incendios que se poderían utilizar para trasladar auga aos veciños afectados, ou mesmo contratando os servizos dunha cisterna. “Nestes intres á veciñanza están mercando auga diariamente para poder ducharse, para facer a comida ou lavar e tamén para dar de comer ao seu ganado. Están padecendo unha situación moi difícil e o Alcalde non atende as súas reivindicacións, presentaron un escrito que a día de hoxe non tivo resposta e seguen nesta situación critica e estresante, como é a de non ter auga nas súas vivendas”.

Tanques de incendios / PSOE Bóveda

“Emprazamos ao Goberno do PP de Bóveda a atopar unha solución a esta lamentable situación. O Alcalde non pode quedarse de brazos cruzados mentres a veciñanza de San Cristovo de Martín está sen auga. O Concello está cobrando por un servizo que non está realizando, e por riba, está afectando á economía desas familias xa que teñen que pagar por un servizo que non reciben e que é fundamental para a súa vida diaria, pero que ademais afecta á súa actividade gandeira, que é o seu sustento económico”, replica Carmen Macía.

ÚLTIMAS

Entrega dos premios do ‘Mondial de Vins Extremes’ e xantar de Nadal da D.O. Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra vén de celebrar a súa tradicional comida de Nadal, un...

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...