HomePolíticaO PP de Monforte urxe a renovar o pavimento da rúa Doutor...

O PP de Monforte urxe a renovar o pavimento da rúa Doutor López Suárez

Os populares destacan que nesta rúa está o cuartel da Garda Civil e hai una ampla zona que é utilizada como espazo de lecer especialmente polos nenos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A portavoz popular, Katy Varela, explica que o pavimento da citada rúa ten grandes fendas e fochancas de todo tipo e tamaño, de tal maneira que resulta incómodo e incluso perigoso circular por ela. Nesta rúa atópase o cuartel da Garda Civil de Monforte e hai unha ampla zona que é utilizada como espazo de lecer especialmente polos nenos.

Varela di: “Ao alcalde de Monforte gústalle moito presumir de asfaltados, pero, ao parecer, só os acomete alí onde lle interesa politicamente. O caso é que unha rúa importante da cidade como é a do Doutor López Suárez está en condicións lamentables e inxustificables. Tanto por seguridade como pola imaxe da cidade, é preciso que o goberno local tome as medidas oportunas para renovar o firme desta vía”.

Os populares reclaman a Tomé que acometa as obras de mellora dos firmes das rúas de Monforte fixando un plan de prioridades elaborado con criterios obxectivos.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...