HomePolíticaO PP do Páramo denuncia que "hai vivendas que levan máis de...

O PP do Páramo denuncia que “hai vivendas que levan máis de 15 días sen auga”

O Grupo Municipal Popular do Páramo reclama ao goberno local unha solución aos problemas de abastecemento de auga que aseguran sufre a veciñanza de varias parroquias. “Algunhas vivendas levan máis de 15 días sen auga e, outras, incluso máis dun mes”, explica a voceira, Verónica Arias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares trasladaron esta reclamación durante o pleno municipal celebrado esta semana. “É un ano de moita seca, pero trátase dun servizo básico municipal que debe prestar o Concello, máis aínda tendo en conta que cobra pola súa xestión. Os nosos veciños e veciñas non poden estar sen subministro de auga durante tanto tempo”.

Por outra banda, xa que é preciso realizar cortes de auga de forma controlada debido á seca, os populares manifestaron que “os responsables municipais deben avisar con tempo aos veciños -a través dos pedáneos de cada parroquia, por exemplo- sobre onde e cando se vai cortar a auga de forma que coñezan con tempo a situación”.

Verónica Arias tamén urxiu ao goberno local a manter en condicións de seguridade e salubridade a Casa da Folgueira que adquiriu o Concello en Beleigán. “Está abandonada de todo: hai que tomar medidas porque unha parte do tellado está a piques de caer e tamén hai que limpar a maleza para evitar que invada outra vivenda lindeira”.            

                                                                            

Casa da Folgueira O Páramo / PP O Páramo

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...