HomePolíticaPor Chantada alerta de que o 40.88% da veciñanza atópase en...

Por Chantada alerta de que o 40.88% da veciñanza atópase en risco de exclusión social

Segundo Por Chantada, "non é tolerable que co 40.88% da veciñanza en risco ou en situación de exclusión social gastemos máis de 100.000 euros en festas mentres as entidades do terceiro sector receben unicamente 15.000 euros. O malgoberno é tamén deixar aos máis débiles na beira do camiño."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A crise de 2008 tivo como corolario o choque da pandemía da Covid-19, seguida da inflación e a crise enerxética e agora, segundo todos os organismos internacionais, vai conflagar unha nova crise global. A isto engaden desde Por Chantada o crónico abandono que sofre o rural e a crise demográfica e de servizos.

Con estes antecedentes e e nesta situación, o pasado verán Por Chantada denunciou “o excesivo gasto en festas e que respondía ao feito de seren as derradeiras antes das eleicións. Cunha severa crise social ás portas non é un bo negocio a política de farola, cemento e orquestra a non ser que aspiremos só a cemiterio”.

Por Chantada aporta os seguintes datos: despois da COVID-19 e cunha crise económica ás portas o Goberno dedicou 19.701,29€ a emerxencia social nun concello con 8.134 habitantes en 2021. É dicir, 2.42€/habitante.

Segundo o INE: o 7% da poboación de Chantada sobrevive con menos de 400€ ao mes (570 persoas). A taxa galega é do 5.5% (150.000 persoas). O 13.8% da poboación chantadesa (1.123 persoas) sobrevive con menos de 600€ ao mes fronte ao 11.3% (300.000 persoas) do conxunto galego. O 26.1% da veciñanza (1.632 persoas) percebe ingresos por baixo dos 800€ mensuais. Na Galiza a taxa é de 20,6% (600.000 persoas). O 16% dos menores de 18 anos vive en fogares con ingresos por debaixo dos 7.500 euros ao ano e 26,7% en familias por debaixo dos 10.000 euros.

Procentaxe de poboación con ingresos inferiores a 10.000 euros distribuída por concellos / Praza Pública

“É indecente que con estas cifras se lle baixen impostos ás persoas máis ricas, mentres continúa a degradación dos servizos públicos, nomeadamente do ensino e da sanidade,” asegura Por Chantada, “ou se faga ir a vacinódromos aos maiores de 85 anos mentres se derreten cartos en festexos preeleitorais ou luces de Nadal. É esta a sociedade e o futuro que queremos?”

Lembran que “tras 22 anos de gobernos do señor Manuel Varela, Chantada é o concello con menor renda media per cápita da comarca ficando por baixo de concellos con semellante entidade de poboación como Allariz, Quiroga, Ribadavia ou Xinzo de Limia.”

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...