HomePolíticaFolgoso do Courel aproba unha modificación de crédito para axudar á hostalería...

Folgoso do Courel aproba unha modificación de crédito para axudar á hostalería afectada polos incendios

A proposta de Alcaldía, aprobada pola unanimidade do Pleno, destinará 15.000 euros a axudar ao sector hostaleiro que viu afectada a súa actividade pola vaga de lumes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Folgoso do Courel aprobou por unanimidade, no último pleno celebrado o día 4 de novembro, unha proposta de Alcaldía para a modificación do orzamento en vigor baixo a modalidade de crédito extraordinario para axudar ao sector da hostalería afectado polos incendios deste verán.

Os incendios forestais iniciados o 14 de xullo de 2022 afectaron gravemente a actividade turística do municipio, que sufriu considerables consecuencias desde a produción dos lumes ata a actualidade, padecendo os hostaleiros da contorna importantes prexuízos económicos desde entón.

Os incendios provocaron entre outros prexuízos, danos materiais ocasionados nas propios instalacións e infraestruturas hostaleiras, o peche da actividade ata a estabilización da situación incendiaria, así como o inevitable detrimento sufrido polo municipio en xeral no que respecta á actividade turística, o que se evidenciou principalmente na cancelación de reservas durante toda a época estival.

O Concello de Folgoso do Courel tenta así contribuír economicamente a paliar as consecuencias económicas negativas producidas como consecuencia dos incendios forestais de xullo aos hostaleiros do municipio. O anexo de subvencións que acompaña ao orzamento vixente non fai referencia a estas axudas nin existe dotación para afontar ditos gastos, polo que foi preciso realizar unha modificación orzamentaria de crédito extraordinario de cara a ter crédito adecuado e suficiente para a execución dos gastos, para posteriormente proceder a modificar o anexo de subvencións que acompaña ao orzamento municipal do ano 2022.

O crédito será financiado con cargo ao remanente líquido de tesoureira para gastos xerais resultante da liquidación do exercicio anterior e ascenderá a 15.000 euros. Unha vez remate o período de reclamacións o Concello de Folgoso do Courel elaborará as bases que van rexer estas axudas para que o sector poida solicitalas

ÚLTIMAS

“Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”, os días 2 e 3 xuño

Co título “Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”,  o encontro afondará...

Comunicado do PP de Monforte respecto do Bar Anchoas

O expediente sobre esta instalación no Paseo do Malecón establece a obriga aos actuais...

A Piscina Climatizada Municipal de Chantada faise máis accesible

A Piscina Municipal de Chantada poñíase en funcionamento en decembro do 2002. As instalacións...

Quere o teu mercado desenvolveuse este sábado na Praza de Abastos de Monforte

Como parte da promoción, dende o Concello de Monforte, organizaron unha degustación de produtos...