As orixes desta causa remóntanse ao ano 2016 cando, no transcurso dunha sesión plenaria tensa e retorcida en xullo dese ano, se someteu a consideración unha moción presentada por 9 concelleiros, 7 do Partido Popular e 2 non adscritos (antes CxG e CCTT), na que un dos temas era a retribución dos órganos de goberno municipal. Tras a votación ordinaria, a moción resultou aprobada cos votos a favor dos opositores á Alcaldesa e decidiuse axustar as contías económicas dos órganos de goberno ás que existían na lexislatura anterior pasando a rexedora local a cobrar 22.650 euros. A retribución que lle correspondía a Pilar López, que quedara fixada no Pleno de xullo de 2015, ascendía a 32.650 euros.
Coñecido o anterior, a alcaldesa interpuxo un mes despois un recurso de reposición para impugnar o acto administrativo -decisión plenaria- pero non tendo unha resolución expresa ao mesmo o referido acordo deveu desestimado por silencio administrativo. Así as cousas, o paso seguinte foi interpoñer un recurso contencioso administrativo e esperar que a xustiza decidise sobre a legalidade ou ilegalidade do acordo plenario que lle rebaixou a retribución económica como Alcaldesa de Sarria.
Con data 27 de setembro de 2018 chegou o fallo do Contencioso Administrativo número 1 de Lugo que anula a controvertida decisión plenaria por ser contraria ao ordenamento xurídico ao incorrer en desviación de poder. A devandito fallo xudicial déixaa sen efecto e obriga á Administración demandada -Concello de Sarria- a devolver a Pilar López as cantidades deixadas de percibir por mor do acordo administrativo declarado nulo, máis os intereses legais que correspondan.
O fundamento capital que determinou este fallo foi a probada “desviación de poder” para “castigar” a alcaldesa. A xuíza, non dando creto ás razóns económicas alegadas pola parte demandada como motivo da redución de soldo acordada, sitúa como antecedentes do acordo plenario que incorre en “desviación de poder”, o frustrado plan que tiñan o grupo municipal do PP e os concelleiros de CxG-CCTT; plan que non era outro que desbancar á Alcaldesa pola vía da moción de censura. Pero esta non puido saír adiante por mor da expulsión do partido dos dous concelleiros de CxG-CCTT, feito que provocou a toma de represalias con este castigo de baixada de soldo tras aprobación da moción presentada por vía de urxencia.
A xulgadora pon de manifesto textualmente que “… se aprecia que existen unos indicios probatorios más que contundentes para afirmar que la verdadera finalidad de la decisión impugnada fue la de tomar represalias contra la Alcaldesa porque no pudieron “echarla” y además consideraron que ella contibuyó a esa imposibilidad. En efecto, a modo de contrataque hicieron uso de las facultades que les confiere la ley utilizándolas como un instrumento de venganza para condenar lo que consideraron un “fraude de ley” y resarcirse, de alguna forma, de la frustrada tentativa de la moción de censura, apartándose, de este modo, del fin perseguido por la ley”.