HomePolíticaO BNG Lugo Sul homenaxea o 18 de novembro a militantes históricos

O BNG Lugo Sul homenaxea o 18 de novembro a militantes históricos

O BNG na Comarca de Lugo Sul, celebra unha xuntanza en homenaxe ás/ós militantes históric@s, encadrada dentro dos actos de celebración do 40 aniversario da súa fundación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto, no que se contará coa actuación musical de Alba María, desenvolverase no Centro Cívico do Malecón de Monforte, o vindeiro venres, día 18 de novembro, ás 19:00h, e será aberto ao público en xeral.

O BNG celebraba hai pouco máis dun mes o 40 aniversario da súa fundación, “unha data importante que nos serviu,” en palabras da Portavoz Nacional, Ana Pontón, “para demostrar que o BNG é un proxecto sólido, maduro, con raíces firmes e cargado de presente e de futuro”.

O acto central, desenvolvido no Frontón de Riazor, na Coruña, no mesmo
lugar no que hai 40 anos naceron como organización, foi un momento emotivo e esperanzador de cara ao futuro do nacionalismo galego. “Tócanos agora a nós, á Comarca de Lugo Sul, evidenciar que a ilusión e o traballo iniciado hai 40 anos, continúa intacto, e que mellor maneira para facelo, que celebrando unha xuntanza na que homenaxearemos @s militantes que, desde aquela, continúan traballando polo país desde dentro do BNG”, sinalan.

No acto intervirán, Rosana Prieto Florines, Responsábel comarcal do BNG, Xosé Lois Cortés, militante histórico do BNG na comarca, e Carme Aira, Deputado do BNG no Parlamento de Galiza. As persoas homenaxeadas recibiran un agasallo de agradecemento.

ÚLTIMAS

O BNG de Monforte anuncia que non participará nos actos institucionais do 8M organizados polo Concello

O Grupo Municipal do BNG de Monforte vén de anunciar que os seus concelleiros...

Novo corte da circulación ferroviaria Monforte-Ponferrada tras un problema coa catenaria

A circulación ferroviaria entre Montefurado e San Clodio, no tramo Monforte de Lemos-Ponferrada, atópase...

O IES A Pinguela viaxa a Murcia coa Agrupación Nacional de Centros Educativos

O programa, que organiza e financia o Ministerio de Educación, ten como obxectivo sensibilizar...

IGV solicita ao MITMA a reparación urxente e integral da N-540 e da N-120 e reclama modificar a licitación actual

Interior Galego Vivo asegura que a N-540 conta con varios tramos totalmente degradados e...