HomePolíticaOs socialistas do Incio remiten escrito á Alcaldía para manter os dous...

Os socialistas do Incio remiten escrito á Alcaldía para manter os dous profesionais do centro de saúde

Os socialistas aseguran que a finais de novembro un dos médicos do centro de sáude se vai xubilar, polo que se dirixiron á Alcaldía para que de xeito urxente faga as xestións precisas perante a Consellería de Sanidade de cara a garantir unha atención mínima de dous profesionais en todo momento no centro de saúde do Incio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os socialistas alertan das consecuencias negativas que vai ter para a poboación do Incio, que unha vez máis, o centro de saúde teña un único facultativo. “Un único médico que terá que atender tanto á consulta diaria coma ás urxencias, de maneira, que de producirse unha, ou ter que facer unha consulta domiciliaria, o centro de saúde quedará absolutamente desatendido,” aseguran.

Lembran que o concello do Incio conta cunha poboación moi envellecida e dispersa por 28 parroquias e máis de 100 núcleos de poboación ao longo dos 146 quilómetros cadrados que ocupa o termo municipal. “É importante facer fincapé no dato de envellecemento da poboación municipal. Segundo os últimos datos publicados polo IGE, o noso municipio conta cunha poboación de algo máis de 1.500 habitantes,dos cales 829 homes e mulleres superan os 60 anos, o que implica claramente unha maior demanda médica por parte deste colectivo”, insisten os socialistas.

Os socialistas afirman que é necesario garantir a prestación sanitaria da veciñanza do Incio, que alomenos o centro de saúde conte con dous médicos en todo momento, e que se cubran as baixas do persoal facultativo.

“Dende o Grupo Municipal do PSDG-PSOE estamos francamente
preocupados pola situación de colapso que se aveciña, de non cubrir a
praza médica que en breve quedará vacante. Os veciños e veciñas non
deben ser os que sufran as consecuencias da política de recortes
aplicados á sanidade por parte do goberno galego”, conclúen.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...