HomePolíticaQuiroga sobe o recibo trimestral de lixo, auga e rede de sumidoiros

Quiroga sobe o recibo trimestral de lixo, auga e rede de sumidoiros

A Corporación Municipal de Quiroga celebraba este venres sesión plenaria extraordinaria na que se aprobaba cos votos a favor do Partido Popular e os votos en contra do BNG e do PSdeG a proposta da Alcaldía para a modificación das ordenanzas fiscais reguladoras das taxas polos servizos de: recollida, tratamento e eliminación de lixo-ecotaxa; abastecemento de auga e rede de sumidoiros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A subida destas tres taxas que se pagan conxuntamente no recibo trimestral do Concello do Quiroga será algo superior ao 9%, que aplicado a un recibo dunha familia media de catro membros suporá unha subida trimestral de pouco máis de 3 €. Como matizou o alcalde, Julio Álvarez,  o que os veciños terán que desembolsar “será sobre un euro máis ao mes, que desglosado sería un incremento da ecotaxa de 0´42€, da auga de 0´20€, 0´18€ de incremento no lixo e de 0´002€ de incremento na rede de sumidoiros.” No recibo da auga tamén vai incluída a taxa do Canon, que non se incrementa.

Xosé Manuel Fernández (BNG) argumentou o seu sentido do voto por ser este un mal momento para a subida de impostos e máis esta que lle parece unha suba moi elevada, suxerindo ademais a busca dalgunha partida nos orzamentos do vindeiro ano para compensar outras subidas. Pola súa banda Vicente Parra (PSdeG) dixo estar a favor sempre que se melloren os servizos, algo para o que están os impostos que hai que equilibralos e subilos a medida que sobe o custo da vida, pero o seu voto en contra quedou argumentado pola falta de equilibrio “demostren que se pode mellorar e a partir de aí suban os impostos”.

O alcalde Julio Álvarez (PP), supeditou este incremento á gran subida da luz e dos carburantes. “Nos tres meses do verán”, recalcou, “o gasto en luz para o bombeo da auga supúxolle a co concello 12.000 € máis e o gasoil 19.000 €. Para que os veciños se fagan unha idea o bombeo da auga costoulle ás arcas municipais 31.000 € e o esforzo que se lles pide é o incremento dun euro mensual de media (dependendo do consumo).”

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...