HomeComarca de SarriaSarriaBenjamín Escontrela: "Entereime do meu cese pola prensa"

Benjamín Escontrela: “Entereime do meu cese pola prensa”

Ten claro que o cesamento obedece ao conflito derivado do IBI, así como "ao rumor de que podía encabezar a candidatura do PSOE".

Publicado o

- Advertisement -

O ata agora concelleiro de Servizos Sociais do Concello de Sarria, Benjamín Escontrela, recibiu este martes a comunicación do seu cesamento, unha situación derivada das tensións na coalición de goberno municipal que terminaron por rompela.

Escontrela era o único concelleiro da formación Galicia Sempre que entrara no goberno liderado por Claudio Garrido, de Camiña Sarria. Ambas as formacións sumaban 8 dos 17 concelleiros do consistorio.

O xa exedil de Servizos Sociais criticou, en declaracións aos medios, que se decatase do seu cesamento “primeiro pola prensa” e que só despois recibise a comunicación “por vía electrónica”. “O mesmo día que mo notificaron pola tarde, pola mañá tiven que asinar as nóminas, saíndo na prensa que estaba cesado. Eran as nóminas da residencia, para que os traballadores puidesen cobrar. É un paradoxo“, lamentou.

Benjamín Escontrela ten claro que o cesamento obedece ao conflito derivado do IBI, así como “ao rumor de que podía encabezar a candidatura do PSOE” nas próximas municipais. “Díxome, ironicamente, o alcalde que sería a maior alegría, pero estiveron a facer todo o posible para boicotearme e, a partir de aí, prodúcese unha operación de acoso e derriba cara á miña persoa”, constatou.

Precisamente sobre eses rumores que o sitúan na órbita do PSOE, Escontrela limítase a negalo e insistir en que son “rumores”. “Non hai nada, só son rumores”, engade. O que foi tamén cuarto tenente de alcalde de Sarria avanzou que vai seguir sendo edil. “Mesmo tiveron o atrevemento de pedirme que dimita como concelleiro, pero vou seguir”, finalizou.

ÚLTIMAS

Foliada Guímara este venres en Fornelas

As Foliadas Guímaras son unha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón co obxectivo...

Oferta pública de ciclos para o novo curso no IES A Pinguela

O IES A Pinguela informa estas semanas da oferta de ciclos para o vindeiro...

Ciberseguridade e delitos informáticos, temas centrais das Xornadas Xurídicas de Sarria

Este mércores 12 de xuño celebrábase a inauguración das XVII Xornadas Xurídicas Román García...

‘Patacón de Abadía’, tapa gañadora do Chantapas 2024

Tras tres días de Chantapas, desde o venres 7 ao domingo 9 de xuño,...