HomePolítica"A Xunta non cumpre co Courel", aseguran desde CV

“A Xunta non cumpre co Courel”, aseguran desde CV

C@urel Vivo denuncia que este luns abriuse unha barronca nun tramo da estrada LU-651 á altura de Ferrería Vella, que levaba anos recalcando, quedando agora un único carril para o tránsito de vehículos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lembran desde C@urel Vivo que en marzo desde ano caía a estrada LU-651, preto de Santa Eufemia. Tras analizar varias fórmulas para arranxal escolleuse, segundo CV “a máis barata pero non a máis segura e duradeira, un treito de novo trazado na LU-651, a unha cota intermedia moi próxima á traza orixinal”.  

A Xunta licitou por case 1.000.000€ este acceso provisional que 4 meses despois xa presenta desperfectos, “sufriu gretas e socalcos” polo que cren que “a que se deseña máis abaixo, non é a mellor opción.”

acceso provisional / CV

O 1 de abril deste ano contratouse a mellora da estrada entre a Ferrería Vella a Seoane para arranxar no prazo dun ano, cun importe de case 3.000.000€, “a 4 meses de rematar o prazo, aínda non hai movemento de terras, polo que auguramos que incumpriranse os prazos,” lamentan desde C@urel Vivo.

Con etes antecedentes, CV presenta moción solicitando á Xunta que, “dunha vez por todas deixen de poñer parches e atrancos coas comunicacións do Courel e que cumpran con obras seguras e duradeiras. Moita marca para O Courel pero sen investimentos reais e axudas que quedan só nos titulares, pero o certo e que a Xunta de Galicia non está a cumprir con nós” conclúen.

 

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...