No PP de Sarria indican que “o día 17 do pasado mes de novembro procedeuse por parte da Dirección Xeral do Catastro a declarar a súa nulidade por caducidade nas notificacións, é o certo tamén que con data do día 21 tamén do pasado mes, iniciouse por parte do Catastro un novo Procedemento Simplificado de Valoración Colectiva, cuxas notificacións chegaron, ou están a chegar, aos aproximadamente seis mil titulares afectados, e evidentemente nesta ocasión, en prazo”.
Os populares apuntan que “a día de hoxe nada se sabe acerca da devolución das cantidades cobradas no procedemento anulado, nin tampouco cando e como se vai levar a cabo o pago das cantidades correspondentes ao procedemento agora iniciado”.
O grupo municipal do PP demanda que se lle facilite por parte da intervención municipal, en relación co procedemento anulado, información detallada acerca das cantidades cobradas, en que organismo ou institución se atopa o diñeiro, e como e cando se vai a proceder á súa devolución aos afectados”.
Os populares reclaman que “dita devolución se faga o máis axiña posible, e, en calquera caso, que non se faga ningún cobro do novo procedemento mentres non se leve a cabo a mesma”. Pretenden os populares que con relación ao novo procedemento, “no caso de que non haxa posibilidades de anulación do mesmo, búsquense as fórmulas para que resulte o menos gravoso posible para os afectados”.