HomePolítica"Pediatría no sur de Lugo, unha temeridade e falta de respecto á...

“Pediatría no sur de Lugo, unha temeridade e falta de respecto á poboación”, asegura o BNG

“Estabamos cun servizo precario e agora estamos directamente sen el” di a deputada Carme Aira, quen lembra que esta é unha “precariedade crónica do sistema sanitario no que foi a área sanitaria de Monforte, hoxe desaparecida e isto afecta tanto á atención hospitalaria como á Primaria”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Sen nenos non hai futuro, e sen pediatras non hai atención médica para eles, estas son as políticas do PP que traen máis despoboamento e falta de atención, aseguran dende o BNG. Os nacionalistas insisten na gravidade da falta de persoal que existe en todas as categorías da At. Primaria, o que inclúe o servizo de pediatría.

“A nosas comarcas están nunha situación de emerxencia demográfica o que fai especialmente importante a existencia de bos servizos públicos, e a pediatría é crucial para asegurarmos novas xeracións, sen embargo o goberno galego do PP co desmantelamento destes servizos apura o despoboamento. Xa hai concellos como Pantón ou Sober que levan anos sen pediatra o que obriga ao desprazamento ás familias, e os concellos que manteñen o servizo como O Saviñao, Quiroga, A Pobra do Brollón e Bóveda só contan cunha profesional para todos, motivo que leva á situación actual, algo impensable en calquera servizo público, pero se é na sanidade é directamente inmoral, e inaceptable”, insisten dende o BNG.

“Hai recursos humanos e materiais, o PP ten que pasar das promesas aos feitos e deixar de vender fume, manden persoal de pediatría e cubran os servizos de primaria e do hospital comarcal, deixen de rizar o rizo e enganar á poboación, e a xente que tome nota de como nos tratan”, insiste a parlamentaria Carme Aira, quen lembra que “o que está a acontecer estes días, é falta de planificación do Sergas”, xa que o feito de que a pediatra do sur de Lugo desfrute dos permisos que lle corresponde non debería ser unha sorpresa para o Sergas, sen embargo non foi substituída polo que cerca de 1000 criaturas están quedando sen asistencia pediátrica, o que supón unha temeridade, ademais dunha falta de respecto á poboación por parte do PP”

O BNG demanda que se tomen medidas urxentes para garantir a mellor calidade asistencial, e amosa o seu pesar pola falta de éxito das múltiples iniciativas rexistradas no Parlamento, pero “fan ouvidos xordos constantemente”, lamenta Carme Aira.

ÚLTIMAS

“Eu sempre teño a porta aberta”, Javier Monterde, avogado na Pobra do Brollón

Javier Monterde Piguillen naceu en Barcelona, no barrio da Sagrada Familia, e o seu...

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...