HomePolíticaConcentración en defensa de pediatría o 9 de xaneiro no centro de...

Concentración en defensa de pediatría o 9 de xaneiro no centro de saúde de Monforte

O BNG de Lugo Sul convoca á veciñanza da comarca a unha oncentración diante do Centro de Saúde de Monforte de Lemos para denunciar a falta de pediatras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o BNG afirman levar moitos meses denunciando a precaria situación da sanidade en todo o país, “con recortes orzamentarios que provocan unha escandalosa mingua na calidade do servizo sanitario.”

Hai case unha semana denunciaban a grave falta de persoal que existe en todas as categorías da Atención Primaria, nomeadamente de persoal médico, o que inclúe o servizo de pediatría. “Sen nenos non hai futuro, e sen pediatras non hai atención médica para eles”, lembraba a Deputada do BNG no Parlamento Galego, Carme Aira.

Ante esta situación, o Bloque Nacionalista Galego en Lugo Sul, convoca a toda a veciñanza da comarca a participar nunha concentración que se desenvolverá o vindeiro luns, día 9 de xaneiro, ás 13:00h, diante do Centro de Saúde de Monforte de Lemos.

Os nacionalistas reivindican a recuperación da área sanitaria para dotar ao hospital comarcas de máis especialidades, e a defensa da Primaria como eixo fundamental para unha atención digna nas comarcas, eminentemente rurais.

ÚLTIMAS

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...