HomePolíticaO BNG pide que o MITMA mellore o firme e a seguranza...

O BNG pide que o MITMA mellore o firme e a seguranza viaria da N-120

O Bloque Nacionalista Galego denuncia a falta de mantemento e a necesidade de melloras da N-120 e avanza o rexistro de novas iniciativas para reclamar máis unha vez que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana acometa actuacións urxentes nesta vía, que conecta Ourense oriental coa capital e os concellos do sur de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O temporal de finais de ano e o uso continuado da estrada trouxo consigo máis deterioro no firme da N-120 e provocou ata un accidente en cadea de 15 vehículos o pasado domingo. A pesar de que o persoal de mantemento da estrada tapou as fochancas con máis profundidade e as máis perigosas, aínda continúan a existir varios puntos negros na estrada que precisan dunha actuación inmediata.

“Levamos anos denunciando a situación do firme da N-120 e os problemas de seguranza viaria que o seu estado provoca. O gobernos do Estado, sexan do PSOE ou do PP, non levaron a cabo un mantemento da calzada e o firme vaise deteriorando cada vez máis” sinala o deputado do BNG no Congreso. Néstor Rego lembra que son numerosas as iniciativas que a frente nacionalista rexistrou na cámara baixa para que o executivo actuase e solucionase este problema.

Ante o sucedido a comezos de ano, a organización nacionalista rexistra novas iniciativas na cámara baixa para que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana “acometa as actuacións necesarias para a mellora do firme e a seguranza viaria da N-120”. Entre as actuacións sinaladas por Rego, o MITMA debe proceder a quitar a maleza que cobre as marxes e, onde for posíbel, unha ampliacións dos carrís “sobre todo entre Os Peares ata Montefurado, no Concello de Quiroga”.

Néstor Rego

Neste sentido, o alcalde nacionalista da Pobra do Brollón, Xosé Luis Maceda, urxe á intervención do Goberno do Estado entre Quiroga e Sober para a rehabilitación do firme e o desdobramento do carril neste tramo, así como atender as zonas de dificultades arqueolóxicas e patrimoniais existentes. “Entre o puntos quilométricos 507 e 510 concéntranse un número elevado de sinistros polo mal estado do firme e as numerosas fochancas con dimensións considerábeis” incide Maceda.

Por outra banda, o voceiro do BNG en Quiroga, Xosé Manuel Fernández, destaca a necesidade de actuar de maneira urxente no tramo máis próximo á ponte de Augas Mestas polo mal estado do asfalto. “Trátase dun tramo da vía que se atopa en moi mal estado e, sobre todo, o tramo de adiantamento en sentido Monforte” afirma. O mesmo acontece, segundo explica, no termo municipal de Sober, xusto antes de comezar a subir o Alto de Guítara, á altura de Canaval. “O firme está moi deteriorado en diferentes puntos e o risco de escorregamento nos días de choiva é elevado” afirma.

A responsable comarcal do BNG e portavoz da formación no Concello de Pantón, Rosana Prieto Florines, explica que este tipo de accidentes automobilísticos “son totalmente evitábeis se o Goberno do Estado acometese as actuacións necesarias para a reparación do firme e o mantemento do mesmo”. Para a frente nacionalista, a N-120 é a principal vía de comunicación, prioritaria para a veciñanza do sur de Lugo e a comarca de Valdeorras, que garante a vertebración do territorio.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...