InicioPolíticaPecha o único servizo bancario de Ribas de Sil, o PP pide...

Pecha o único servizo bancario de Ribas de Sil, o PP pide solucións

O PP de Ribas de Sil insta ao goberno local a facer as xestións necesarias para evitar a perda do único servizo bancario do que dispoñen na actualidade os veciños e veciñas do municipio, un caixeiro automático, tralo peche da sucursal bancaria a mediados do pasado ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O presidente da xestora do PP local, José Rodríguez, sinala que “o caixeiro foi desconectado este venres; despois dun mes no que, practicamente, non funcionaba”. Esta situación, segundo o popular, “prexudica seriamente aos negocios locais e aos veciños e veciñas -especialmente, ás persoas maiores que teñen máis dificultades para desprazarse a outras localidades- porque, ao non dispoñer deste servizo en San Clodio, vémonos obrigados a desprazarnos a Quiroga, que é onde se atopa a oficina máis próxima”, explica.

Rodríguez insiste en que “o goberno local debe tomar cartas no asunto e facer as xestións necesarias, dentro das súas competencias, para defender os intereses dos veciños e veciñas”. Neste caso, trátase dun “servizo básico para aquelas persoas que non están familiarizadas coas novas tecnoloxías e que, polo tanto, non dispoñen doutra forma para facer os pagos das súas compras que non sexa a retirada de diñeiro en efectivo”.

Os populares lembran que os Concellos poden solicitar a súa adhesión ao acordo entre a Xunta e a Fegamp para proceder á instalación de caixeiros para que os usuarios fagan xestións ordinarias como a retirada e ingreso de cartos en metálico, a actualización das libretas bancarias ou o pagamento de recibos sen ter que desprazarse a outras localidades.

ÚLTIMAS

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...

“A nai que me pariu!” campaña do CCU de Sarria polo Día da Nai

¡A nai que me pariu! é o nome da campaña do Centro Comercial Urbano de...

24 anos da Mostra do Aceite de Quiroga

Esta feira gastronómica, a única da provincia nesta categoría contou esta fin de semana...