HomePolíticaA CIG solicita ao Concello de Sarria que informe aos representantes sindicais...

A CIG solicita ao Concello de Sarria que informe aos representantes sindicais da situación do caso do detective na residencia de anciáns

A CIG vén de solicitar ao Concello de Sarria a convocatoria dunha Mesa Xeral de Negociación para que o Goberno Municipal informe directamente á representación legal dos/as traballadores/as sobre a situación xerada na Xestión da Residencia Municipal Nosa Señora do Carme a raíz de que se descubrira que o anterior responsable, o concelleiro Benjamín Escontrela, contratara os servizos dun Detective privado para espiar ás traballadoras en situación de baixa médica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha vez que estes feitos sairon á luz pública e que os mesmos foron tratados tanto no Padroado da Residencia coma no Pleno Municipal, desde a CIG consideran que é hora de que se dea “formalmente e detalladamente” información dos feitos acontecidos á representación legal dos/as traballadores/as, así como das medidas que o goberno municipal está a xestionar ao respecto.

Desde o sindicato lamentan que “o Goberno Municipal tardara tres anos e medio en asumir e recoñecer a desastrosa xestión que o concelleiro Escontreal fixo na Residencia, a cal non foi mais que obxecto de conflictos nesta lexislatura. Igualmente lamentamos a persecución e asedio que á o Sr Escontrela someteu a aqueles traballadores e traballadoras da Residencia que non actuaban ao seu dictado, actuacións que teñen sido denunciadas pola CIG.”

Desde a CIG aseguran defender a profesionalidade do persoal da Residencia, que é capaz de facer unha gran labor “a pesar da mala xestión do Concello” e advirten que “cando teñan información veraz e formalmente, valoraremos que medidas e acción sindicais e xudiciais se poden levar adiante en defensa das traballadoras afectadas.”

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...