HomePolíticaPropostas do PSOE do Incio para incluir no Plan Único de Cooperación...

Propostas do PSOE do Incio para incluir no Plan Único de Cooperación cos concellos

Con cargo a este plan ó Incio correspóndenlle 287.396,58€, que poderá destinar a desenvolver actuacións en materia de infraestruturas, creación de emprego, servizo de axuda no fogar, eventos, etc.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno da Deputación de Lugo publicou as bases dunha nova edición do Plan Único de Cooperación cos Concellos para a anualidade 2023. Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE propoñen unha relación de actuacións que consideran necesarias para incluír no Plan Único do Concello do Incio anualidade 2023:

  • Muro de contención e acondicionamento de camiño en Vilarxoán.
  • Formigonado dos accesos a dúas vivendas en Valbón. (Casa Rosario e Perfe)
  • Abastecemento de auga potable ao núcleo de Pacios. (San Salvador)
  • Pavimentación dos accesos a Cizán.
  • Muro de contención e acondicionamento do acceso á Casa da Campa. (Buxán)
  • 2ª Fase mellora de camiño agropecuario no monte de Bardaos.
  • Pavimentación de camiños interiores no núcleo de Vilar da Vara.
  • Acondicionamento da pista de acceso a San Miguel. (San Pedro do Incio)
  • Acondicionamento do acceso á igrexa de Eirexalba e da pista que comunica Vilarreguenga a Ferradal, na mesma parroquia.

En equipamentos propoñen a adquisición de desfibriladores para a súa distribución nos locais sociais das parroquias do Incio. A idea é converter en espazos cardioprotexidos as principais instalacións públicas do municipio. “Só a capital do Incio conta con estes dispositivos, de aí a necesidade de estender estes equipamentos ao resto dos núcleos do municipio”, apuntan os socialistas.

En deportes propoñen a adquisición dun ximnasio portátil con material deportivo. “Unha iniciativa positiva para a cidadanía cuxo obxectivo é fomentar a práctica física ao aire libre, para combater o sedentarismo e promover os seus beneficios como un dos hábitos de vida saudable recomendados para desfrutar e manter a calidade de vida.”

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...