HomePolíticaO BNG pide que se leve luz pública a todas as casas...

O BNG pide que se leve luz pública a todas as casas de Pantón

Piden alumeado público para unha casa do lugar de Amorín, na parroquia de San Xoán de Frontón.

Publicado o

- Advertisement -

O Grupo municipal do bng en Pantón vén de rexitrar unha moción coa petición de levar a luz pública a unha casa situada no lugar de Amorín, na parroquia de San Xoán de Frontón, moi próxima ao poboado da Chaira, que foi onde viviron os traballadores do salto.

Fanse eco, dende o BNG, dunha petición reiterada dos propietarios dunha vivenda que tan preto de dous encoros e dun poboado con este servizo, din que “supón ademais dun incumprimento da súa obriga por parte do goberno municipal de Pantón, un contrasentido, xa que onde se produce a electricidade para millóns de persoas europeas, non temos luz pública municipal” . Os nacionalistas amósanse optimistas e agardan que isto se solucione con brevidade, porque “é terceiromundista”, din.

Así, piden que se tomen medidas urxentes para garantir a seguridade e os dereitos, alén de cumrpir coa igualdade de trato. “Teñen que acabarse unha vez por todas os desprezos e os favoritismos”, lamenta a portavoz municipal RosaAna Prieto Florines.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...