HomePolíticaA falta de pediatras tamén chega a Sarria, os socialistas denuncian a...

A falta de pediatras tamén chega a Sarria, os socialistas denuncian a desatención sanitaria

Os socialistas de Sarria denuncian a desatención sanitaria que sofre a veciñanza. Denuncian que só hai un pediatra para atender a toda poboación, "xa que non se cobren nin as baixas, nin as vacacións dos facultativos”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Inicialmente había dous pediatras que pasaban consulta, “pero dende hai tempo hai un de baixa e actualmente aínda non se cubriu”, advirten dende o PSdeG. Nesa liña, inciden en sinalar “que foi o PP o que impulsou os recortes sanitarios na vila, que comezaron co peche do ambulatorio situado da parroquia de Ourol”.

Os socialistas de Sarria advirten de que esta situación ten como consecuencia “unha perda de calidade asistencial moi acusada. Estamos falando dun dos concellos máis grandes da provincia da Lugo, cunha poboación que ronda as 13.000 persoas, que non poden quedar desatendidas e abandonadas”, explican.

No caso dos médicos de familia do ambulatorio, “unha praza está sen cubrir, polo que o resto dos sanitarios que pasan consulta encárganse da súa cota. Polo tanto, sufrimos recortes en pediatría e recortes na Atención Primaria. Estas son as receitas do PP para atención sanitaria no concello de Sarria, desmantelamento sanitario e abandono”, inciden os socialistas.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...