HomePolíticaKaty Varela: “O Pavillón da Pinguela endebedará ó Concello e non solucionará...

Katy Varela: “O Pavillón da Pinguela endebedará ó Concello e non solucionará ás necesidades deportivas”

O Partido Popular de Monforte votou en contra do proxecto presentado no pleno polo equipo de goberno para a reforma do polideportivo da Pinguela. Katy Varela rexeitou a solicitude por parte do goberno local dun crédito de 3.800.000 euros (o 30 % do orzamento municipal) para reformar o pavillón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Katy Varela argumenta a súa posición despois de escoitar ós colectivos deportivos da cidade e ser coñecedora das súas necesidades, que lles leva a utilizar na actualidade as instalacións dos centros educativos. “Monforte necesita unha pista máis, é dicir outro pavillón. A reforma do da Pinguela vai custar o mesmo que a construción dun novo” argumentou Varela.

Segundo a candidata popular “ser alcalde e presidente da Deputación non lle deixa tempo a Tomé para facer un estudo máis exhaustivo do gasto, o que é un grave prexuízo para os cidadáns monfortinos. Trátase dun proxecto megalómano e oscurantista” e reprochou ao alcalde que non presentara a documentación precontractual do préstarmo, é dicir, todos os gastos do Concello para contratar o crédito: intereses, comisións, seguros, etc. Criticou que adianten os cartos dunha subvención do 50 %, pendente de chegar, “que só se pode utilizar para arranxos.”

Ante o desembolso, a voceira popular recrimina que “o señor Tomé goberna e xestiona de xeito improvisado e cunha urxencia nada beneficiosa para os veciños, aínda que entendemos que é amante da propaganda e dos proxectos millonarios sobre todo agora a catro meses das eleccións municipais”. Para Katy Varela a reforma podería saír máis económica de esperar á concesión da subvención, e buscando financiamento doutras administracións, “incluída a Xunta, e utilizar o seu remanente para a construción dun novo pavillón e deixar dunha vez por todas a intención da construción dunha ponte no paseo do Malecón”.

A voceira popular tamén reprocha ao alcalde que “hai que endebedarse para solucionar urxentemente os problemas que perxudican a os veciños como é o arranxo das tubaxes de abastecemento da auga no barrio da Estación, o lamentable estado do río Cabe e as 124 persoas pendentes de recibir axuda a domicilio”.

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...