HomePolíticaSarria prepara os seus orzamentos e o alcalde pide "responsabilidade política á...

Sarria prepara os seus orzamentos e o alcalde pide “responsabilidade política á oposición para evitar o bloqueo do concello”

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, convocou para este xoves unha Comisión Especial de Contas coa aprobación do orzamento municipal para 2023, que ascende a 13,3 millóns de euros, como único punto na orde do día co obxectivo de poder aprobalo nun pleno da Corporación que pretende convocar para a vindeira semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Se o ditame da Comisión Especial de Contas deste 2 de febreiro é favorable, o rexedor local tamén incluirá na orde do día do pleno a aprobación do orzamento do organismo autónomo da Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme, que ascende a 1,5 millóns de euros. Segundo explicou, á aprobación deste proxecto orzamentario están supeditadas a implementación de novas melloras no servizo asistencial e a ampliación do plantel de traballadoras de 31 a 47 para cumprir coas ratios establecidas pola Xunta de Galicia. Claudio Garrido salientou que “o goberno local ten toda a vontade do mundo de contratar os profesionais estipulados pola Xunta de Galicia, pero para iso é preciso aprobar o cadro de persoal e o orzamento da residencia”.

O alcalde insiste en que na residencia non suben os prezos, “o único que cambia é o sistema para que os usuarios paguen en función dos ingresos e do patrimonio. Ata agora había unha taxa fixa e as persoas que non dispuxeran deses cartos non podían entrar na residencia de Sarria. Agora, seguindo o mesmo sistema que a Xunta e Deputación, queremos fixar un prezo medio e cada usuario pagará o que lle corresponda tras a aplicación dunha fórmula baseada no IPREM e no seu patrimonio, mentres que o resto do custo da praza abonarao o concello”, indicou.

Lembra o acalde que a residencia de Sarria non percibe ningunha achega económica nin da Xunta nin da Deputación de Lugo e finánciase exclusivamente coas cotas dos residentes e coa aportación do Concello de Sarria, que durante o exercicio de 2022 foi de 561.000 euros.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...

Presentado o cartel do ‘Xanela Fest’ que promove a operadora chantadina Xanela

Este venres 10 de outubro presentouse en Guntín o cartel do Xanela Fest, evento...

O PP anuncia no Parlamento que a Xunta investirá 30M€ no Hospital de Monforte, mentres o BNG reclama solucións ás listas de espera

A iniciativa nacionalista demandaba garantir a cobertura completa de prazas nos servizos con maiores...