HomePolíticaJavier Castiñeira: "A Deputación está usando fondos públicos para promocionar aos seus...

Javier Castiñeira: “A Deputación está usando fondos públicos para promocionar aos seus candidatos”

Segundo os populares, a Deputación está usando fondos públicos para promocionar aos seuscandidatos nestas eleccións, "sexan alcaldes ou non, en moitos casos descoñecidos que precisan a notoriedade que lles dá a Deputación de Lugo."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O portavoz do PP na Deputación, Javier Castiñeira, asegura que o goberno bipartito usa fondos públicos para facer política partidista e non para facer provincia, “non nos sorprende nada, pero si que nos sorprende que o fagan tan a cara descuberta como o están a facer nesta precampaña. O caso máis recente é a promoción do seu candidato en Taboada, outorgándolle ao aspirante socialista, ademais de fondos, medios para promocionarse, como vídeos da fundación TIC e un libro das súas experiencias”.

Para os populares, “está claro que hai un uso interesado, inmoral, dos medios propios como é a Fundación TIC ou a área de publicacións para libros e demais, e tamén de fondos para comprar propaganda e publicidade que tiña que estar para outros fins”.

Castiñeira conclúe: “Pedimos á Deputación de Lugo que cese na súa actitude. O PP resérvase calquera outra actuación, porque entendemos que o que está a pasar na Deputación co uso de fondos para promocionarse politicamente é algo que non pode admitirse; esa non é a forma transparente de facer política”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...