HomePolíticaTeddy López Pedredo, elixido candidato do PP á alcaldía da Pobra do...

Teddy López Pedredo, elixido candidato do PP á alcaldía da Pobra do Brollón

O empresario Teddy López Pedredo será o candidato do Partido Popular á alcaldía da Pobra do Brollón. A designación do candidato foi dada a coñecer nunha reunión do partido celebrada no restaurante Primeiro de Maio, nun acto ao que asistiron representantes da dirección provincial popular.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O candidato, que é presidente da xunta xestora do PP local, sinala que, “en canto ao que é a relación cos veciños, manterá un continuo proceso de escoita activa, para coñecer os problemas e ás súas inquedanzas, e aplicar a xestión correspondente para atender á veciñanza.” Por outro lado, destaca que fomentará a participación, “de maneira que o goberno municipal sexa o goberno de todos”. Indica que, se chega á alcaldía, fará que o Concello da Pobra do Brollón sexa “realmente transparente”.

En canto as grandes liñas de xestión do que será o seu traballo se é alcalde, destaca que entre as prioridades ten a de recuperar o servizo de extinción de incendios. Para López Pedredo, dende o Concello hai que traballar no promoción e impulso “do sector forestal, como fonte de riqueza e vinculalo á creación de emprego”. Igualmente, resalta a importancia do sector primario, en canto se refire ás explotacións gandeiras, avícolas e cunícolas. “Temos que potenciar o que temos e mirar de atraer novas empresas, ofrendo facilidade para a súa implantación”, sinala o candidato popular, “porque só creando riqueza, postos de traballo e ofrecendo servizos se pode frear o despoboamento do rural”.

No plan de traballo de Teddy López teñen un lugar moi destacado as vías que vertebran o concello, de maneira que, segundo sinala, “é preciso instar ás administracións competentes a mantelas nas debidas condicións; as de titularidade municipal é preciso melloralas, entre outras cousas, para acometer o necesario desbroce das beiras e a limpeza das cunetas.”

Por outro lado, Teddy López di que hai que avanzar na mellora dos servizos que presta o Concello, entre eles e de maneira especial, dos servizos sociais; neste último caso, apunta tamén a súa disposición a mellorar as condicións nas que desempeñan as súas funcións as traballadoras.

A dirección provincia do PP sinala: “No PP aspiramos a gobernar na Pobra do Brollón na próxima lexislatura. O PP xa gobernou este concello durante anos e, dende entón, nos último 12 anos este municipio non deixou de perder poboación e servizos”. Os responsables provinciais do PP indican que “hai outra forma de facer as cousas e xestionar os intereses públicos moito mellor, e esperamos que os veciños nos dean a confianza que nos deron durante moito tempo”.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...