HomePolíticaO PP de Ribas de Sil urxe ao concello a reparar o...

O PP de Ribas de Sil urxe ao concello a reparar o tramo afundido na estrada da rúa Deputación

O PP de Ribas de Sil súmase á veciñanza en urxir ao goberno local a reparar con seguridade a estrada da rúa Deputación nun tramo que presenta afundimentos e varios buratos que supoñen un risco para os usuarios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A zona coincide cun paso inferior dedicado á canalización de augas. O presidente da xestora do PP local e candidato á alcaldía, Jose Rodríguez, advirte da existencia de “danos no interior dese túnel”. O popular sinala tamén que “xa pasou algo similar fai dous anos e nese momento cubriuse o túnel con formigón, pero agora volve pasar demostrando que non era a solución”. Por iso, esixe “unha reparación que garanta a seguridade na estrada”.

Rodríguez traslada a súa preocupación pola situación da zona tendo en conta que se trata dunha estrada moi transitada. Explica que “cando pecha o paso a nivel, os vehículos pasan por esa rúa que conecta con San Román”.

O popular considera que “un goberno local debe facer as xestións necesarias para resolver os problemas dos veciños o máis rápido posible”. E engade que “con máis urxencia neste caso cando se trata dun problema para a seguridade viaria nunha estrada da súa titularidade”.

Túnel rúa Deputación Ribas de Sil / PP Ribas de Sil

ÚLTIMAS

O Enterro da Sardiña despide o Entroido en Monforte

O tradicional Enterro da Sardiña puxo este mércores pola tarde o peche ao Entroido...

A Torre da Homenaxe monfortina lembrará o ‘Día Mundial do Colangiocarcinoma’

O Concello de Monforte colabora coa iniciativa da Asociación de Tumores de Vías Biliares...

“Memorias dun neno labrego”, este 19 de febreiro no Multiusos de Monforte

Nova cita co teatro este xoves, 19 de febreiro ás 20.15 horas, no Edificio...

Búscanse figurantes para a serie ‘LOBO’, rodada en parte no Courel e no Incio

Estas pasadas semanas graváronse xa partes da serie LOBO en escenarios do Courel e...