HomePolíticaO PP de Monforte quere melloras no campo da feira e no...

O PP de Monforte quere melloras no campo da feira e no acceso ao punto limpo

A portavoz popular, Katy Varela, anuncia a presentación dunha nova iniciativa nas próxima sesión plenaria para instar ao goberno municipal a adoptar as medidas precisas para mellorar o campo da feira e, especialmente, a renovar o pavimento do acceso ao punto limpo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lembra Varela que hai meses levaron a pleno a mellora do estado do campo da feira e que case un ano despois a situación segue sendo a mesma ou peor, “As naves seguen en estado de abandono; algunhas delas están practicamente en ruina e, aínda así, calquera pode acceder a elas, co conseguinte risco para a súa integridade física. O Concello sigue a utilizar este recinto como depósito de mobiliario urbano deteriorado e grava miúda”.

Os populares din que o pavimento dentro do campo da feira está totalmente deteriorado, o que resulta especialmente molesto porque é o acceso ao punto limpo de Monforte. Varela indica: “Hai fochancas profundas que dificultan a circulación dos vehículos dos veciños que levan alí os obxectos dos que se queren desfacer”. Di que “para o Partido Popular é unha prioridade a rehabilitación e impulso do recinto, sobre todo mellorar a imaxe da entrada do punto limpo”.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...