HomePolíticaAdolfo Rubio preséntase como candidato socialista na Pobra do Brollón

Adolfo Rubio preséntase como candidato socialista na Pobra do Brollón

Adolfo Rubio Pascual ten un fondo vínculo coa Pobra do Brollón, a terra natal da familia da súa muller e onde reside dende hai catorce anos. “Considérome unha persoa conciliadora que quere o mellor para o sitio no que vive. Este é un concello acolledor, no que sempre me sentín moi ben acollido, e este paso é tamén un xeito de devolver á Pobra o cariño e as oportunidades que me deu”, destaca Adolfo Rubio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Adolfo Rubio Pascual é o candidato do Partido Socialista á Alcaldía da Pobra do Brollón nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. A militancia da localidade respaldou por unanimidade a candidatura de Rubio, poñendo en valor que a súa traxectoria profesional, a súa fonda vinculación e o coñecemento do concello convérteno “no candidato ideal para liderar un novo proxecto, con novas ideas, que ofreza a ilusión e o impulso necesarios para que o concello recupere o dinamismo e poña en marcha as melloras que os veciños e veciñas reclaman”.

O Secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca, acompañou ao novo candidato socialista na súa presentación, onde subliñou a súa ampla experiencia profesional, pois Adolfo Rubio rexenta unha vivenda de uso turístico na parroquia de Liñares, e exerceu ao longo da súa vida diferentes responsabilidades en empresas do sector automobilístico e de banca. “Adolfo Rubio é un excelente candidato, cun coñecemento profundo da realidade e das necesidades da Pobra, capaz de alcanzar a Alcaldía e de impulsar os proxectos de mellora que este concello precisa despois de anos cun modelo de xestión esgotado”.

Dentro destes proxectos destaca a construción dun centro de atención a maiores, seguindo o modelo que está a implantar a Deputación de Lugo no rural da provincia. “Dende a Deputación xa mantivemos xestións sobre o tema, e estou seguro de que cando Adolfo chegue á Alcaldía da Pobra, o seu compromiso con este proxecto vai ser un dos eixos fundamentais do seu mandato”.

Ademais de proxectos concretos como a construción do centro de atención a maiores, o novo candidato sinalou que o seu obxectivo é “recuperar o entusiasmo e a ilusión” para a vida municipal. “Quero abrir as portas e as ventás do Concello para que corra o aire, ser un balón de osíxeno para a Pobra, porque creo que cando un leva tempo gobernando con maioría ás veces acomódase, perde as ganas e a ilusión. Eu veño a sumar, porque penso que a unión fai a forza”, asegurou Rubio.

ÚLTIMAS

“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

Baixo o lema “Abrazando o bo trato” realizouse visita guiada polo museo reparando nas pezas...

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...