HomePolíticaDías sen médicos no centro de saúde da Barrela, denuncian desde o...

Días sen médicos no centro de saúde da Barrela, denuncian desde o BNG

A concelleira nacionalista, Mª Asunción Gómez, pregúntase se á Xunta non lle dá vergoña que, moitos días, o centro médico non teña médico ningún.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A situación de atención primaria en Carballedo precarízase, “A falta de cobertura dunha segunda praza impide a rápida atención dos doentes e obriga aos profesionais a xornadas extras e a ter que renunciar a permisos laborais,” aseguran os nacionalistas.

Consideran desde o BNG que esta situación se prolonga desde hai moito tempo, cando unha dos dous facultativos que atende o Centro de Saúde da Barrela, viuse na obriga de coller unha baixa. “Desde ese momento un só médico pasa consulta, o que lle ten obrigado a alongar a súa xornada laboral ata ben entrada a tarde, e deixar desatendido o centro cando ten que saír facer algún domicilio.”

Ao anterior engaden que nesta mesma semana e ata comezos de marzo, no centro de Saúde da Barrela as consultas médicas serán unhas poucas horas ao día, “cando non eliminadas directamente. Unha situación propia das películas dos Irmáns Marx, segundo a concelleira nacionalista.

Lembran desde o BNG que levan xa moitos meses denunciando “a precaria situación da sanidade en todo o país, con recortes orzamentarios que provocan unha escandalosa mingua na calidade do servizo sanitario e situacións que chegan ao esperpento, como se evidencia nesta ocasión.”

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...