HomePolíticaO fillo do alcalde de Samos ficha polo PP e Tomé acusa...

O fillo do alcalde de Samos ficha polo PP e Tomé acusa aos populares de fomentar o transfuguismo

O secretario xeral do PSdeG en Lugo, José Tomé, acusou ao PP de “estar a volver ás andadas” e “estar a fomentar o transfuguismo”. “Está a comprar vontades, neste caso, de persoas que, evidentemente, parece que non tiñan unha ideoloxía moi clara, porque se fose así non farían o que fixeron”, manifestou.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tomé foi moi crítico cunha forma de entender a política na que “unha familia debe de pensar que Samos lle pertence, que son os donos do concello”. “O avó foi alcalde co Partido Popular, o pai co PSOE e agora parece que o fillo ten intención de ser polo PP. Eu espero que iso non sexa unha realidade, porque iso iría en detrimento dos veciños de Samos”, manifestou.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....