HomePolíticaO alcalde de Sarria acusa á Xunta de "boicotear tres obras no...

O alcalde de Sarria acusa á Xunta de “boicotear tres obras no rural por estratexia electoral”

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, acusa á Xunta de Galicia de “retrasar e boicotear” a execución de tres “obras importantes” en diferentes puntos do rural, que suporán un investimento conxunto de 600.000 euros, por “estratexia electoral partidista contra o goberno local”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Garrido refírese concretamente a tres proxectos que acumulan un retraso de cinco meses na resposta á solicitude de autorización por parte da Axencia Galega de Infraestruturas ou á petición de documentación adicional: a extensión da rede de abastecemento de auga aos núcleos de Treilán e Betote (246.533 euros de orzamento de licitación), a reposición de servizos básicos en Mazadoiro (221.930 euros) e a extensión da rede de abastecemento de auga aos núcleos de Reñoá, Santa María de Vilar e Vilapedre (131.826 euros).

Desde o concello aseguran que no caso do abastecemento de agua a Treilán e Betote, remitiuse a solicitude de autorización á Xunta de Galicia o día 6 de setembro de 2022 e ata o 26 de xaneiro deste ano non recibiu un requerimento da Axencia Galega de Infraestruturas pedindo a aportación de documentación adicional para continuar cos trámites. “Ademais, en dito requerimento a axencia instaba ao concello a pedir unha documentación previa á propia axencia, que aínda foi recibida onte nas dependencias municipais, para poder continuar a tramitación. Catro meses para a primeira resposta, un mes máis para presentar documentación adicional e o tempo que quede, que non sabemos canto será, para recibir a autorización”, critica o alcalde.

Claudio Garrido denuncia publicamente que este mesmo “retraso inxustificado” por parte da Axencia Galega de Infraestruturas repítese nas outras dúas citadas obras e é “inadmisible”, porque “o que pretende é evitar que o Concello de Sarria poida licitar e contratar ditas obras en período preelectoral, prexudicando notablemente á veciñanza. É evidente que a tardanza de cinco meses para contestar a solicitude de autorización e pedir nova documentación é deliberada e busca entorpecer a acción
do goberno local”, resalta.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...