HomePolíticaRoi Rigueira, candidato socialista en Taboada quere salvar a diferenza de 14...

Roi Rigueira, candidato socialista en Taboada quere salvar a diferenza de 14 votos das pasadas eleccións

O voceiro socialista converteuse recentemente en autor, xa que ven de publicar o libro, “Taboada. Guía dos seus elementos máis sobranceiros”, unha publicación na que descubre e percorre as terras da súa vila natal, outras das súas grandes afeccións. Esta obra serviulle para reivindicar o turismo relacionado coa belezas naturais e as paisaxes e de todo o entorno de Taboada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Roi Rigueira será o candidato socialista á alcaldía de Taboada, por segunda vez consecutiva, nas pasadas eleccións municipais estivo a piques de acadar o bastón de mando xa que só o separaron 14 votos da Alcaldía.

O candidato sinala que se presenta a esta nova cita electoral agradecendo a confianza de toda a agrupación socialista de Taboada. “Na pasada convocatoria  estivemos preto de conseguir un cambio histórico no Concello, cun goberno de progreso na nosa vila. Por iso, estou seguro que desta volta imos acadar un bó resultado para sacar a Taboada da parálise na que se atopa, a tódolos niveis. Ademais, acompáñanme un bo equipo de xente, e temos cun gran proxecto para o futuro do Concello”, remarcou.

Roi Rigueira Agromartín, (Taboada, 1987). Estudou Dirección de Empresas na Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde tamén ten un Master en Estratexia Dixital, así como diversos cursos de internalización e de comercio exterior. Ademais de exercer concelleiro do PSdeG, forma parte do Taboada CF onde é porteiro, experto en seguros, ciclista, apicultor afeccionado, escritor e, como el presume sempre, pai dunha nena de 3 anos.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...