HomePolítica"Por razóns electoralistas é máis doado botar a culpa á Xunta para...

“Por razóns electoralistas é máis doado botar a culpa á Xunta para desculpar os seus erros ante a veciñanza”, dille Arias a Garrido

O delegado territorial da Xunta en Lugo contestou ao alcalde de Sarria que "Os proxectos para tres obras de abastecementos de augas foron remitidos á Xunta de Galicia por parte deste Concello con moitos erros, polo que desde a Axencia Galega de Infraestruturas tiveron que solicitar a corrección dos mesmos".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Javier Arias matiza que os técnicos pediron nova documentación necesaria para aprobar os proxectos, como o informe de viabilidade con carácter vinculante da Xunta de Galicia, como titular de parte do dominio público viario nestas actuacións. O delegado territorial sinala ao respecto que “a solicitude deste informe de viabilidade, por parte do Concello á AXI, debe ser previo á presentación do proxecto. Se o Concello tivérao pedido en tempo e forma, xa entón se lle explicarían as liñas a seguir, polo que os proxectos xa estarían autorizados”. Javier Arias lembra que “segundo a Lei de Estradas estamos no prazo legal para contestar, xa que a lei marca seis meses para autorizar”.

“Por razóns electoralistas como di o alcalde, é máis doado botar a culpa á Xunta de Galicia para desculpar os seus erros ante a veciñanza de Sarria; uns erros que van desde non solicitar o citado informe previo de viabilidade a cuestións tan básicas como non definir exactamente o trazado das canalizacións destas obras e a reposición posterior da estrada”, conclúe Arias.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...