HomePolíticaVicente Parra, candidato socialista en Quiroga

Vicente Parra, candidato socialista en Quiroga

Vicente Parra Vizcaíno é o candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Quiroga. Parra agradece o apoio da Agrupación Local e asegura que preséntase á cita electoral do vindeiro 28 de maio co obxectivo de "gañar a Alcaldía e darlle estabilidade ó Concello."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Secretario Xeral dos socialistas na provincia, José Tomé Roca, asegurou que “Quiroga necesita e merece un goberno que ilusione ós veciños, que atenda as súas necesidades e que aproveite o potencial do concello para favorecer o seu desenvolvemento económico, e superar o parón que sufre o concello. Todo iso é o que ofrecemos dende o Partido Socialista”.

O candidato socialista explicou que quere gobernar “para rematar coas políticas clientelares e caciquís que practica o PP no noso concello, e ao mesmo tempo, vamos a traballar a reo cun proxecto de futuro para apoiar e impulsar iniciativas que contribúan a facer medrar ó noso concello, con diálogo, escoitando a todos os veciños e veciñas e colectivos, sen discriminación nin ditaduras políticas”.

Vicente Parra recalcou, “Carencias sanitarias, problemas nos centros educativos, sen alterativas no emprego… todo está abandonado e sen ningunha dirección. Temos que cortar este rumbo de decadencia e deterioro do servizos básicos, e cambiar de aires, con políticas e iniciativas feitas entre todos e todas, e que dean resposta ás demandas actuais da veciñanza”.

O Alcaldable socialista avanzou ademais que o número dous da lista é Antonio Marcos Prieto, veciño do municipio, “un militante comprometido, traballador e preocupado polos problemas da veciñanza, como demostra que hai pouco denunciou as graves deficiencias sobre o mantemento do CEIP de Quiroga”.

Vicente Parra Vizcaíno xa exerceu como Alcalde no seu pobo natal en Cordobilla (Badaxoz) durante catro anos. É Técnico Superior de Turismo e actualmente traballa como guía na Ribeira Sacra, onde é copropietario dunha axencia de viaxes. Dende os 16 anos participou en moitas iniciativas de índole cultural e sempre estivo comprometido con iniciativas progresistas, dende tódolos ámbitos.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...