HomePolíticaC@urel Vivo dubida da legalidade do peche da Estrada LU-651 en materia...

C@urel Vivo dubida da legalidade do peche da Estrada LU-651 en materia de desmontes e seguridade

C@urel Vivo vén de rexistrar ante a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidades unha reclamación para esixir que a desde a Xunta de Galicia, como licitante, e desde o Concello de Folgoso do Courel, "non se permita o peche para facilitarlle aforrar costes á empresa, en prexuízo da seguridade dos veciños e veciñas."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo Courel Vivo o peche da Estrada Lu-651 no treito que se están a arranxar, entre Seoane e a Ferrería, vai afectar negativamente á zona, “comezando por a veciñanza en xeral,  empresas con furgóns e camións que se ven obrigados  a rodear  1 hora  e 26 minutos. Xa que furgóns, camións, autobuses e Ambulancias non caben polos desvíos que propoñen Xunta e o Concello.”

Courel Vivo pide que cando se asinen contratos así se esixa o cumprimento das condicións técnicas e de seguridade porque aseguran que este proxecto non contempla o peche para facer desmontes, “Só contempla cortes puntuais con sinalistas de obra, polo que solicitamos que se fagan tódolos traballos posibles sen pechar a estrada e pechar so en días puntuais.” Demandan tamén que se esixa o cumprimento dos requirimentos técnicos “en canto a espesor de Aglomerado de 5cm de espesor, 6 metros de estrada + 50 de beiravía en cada lado  e cunetas de seguridade transitables de 90 cm que mellore a seguridade vial e drenaxes da mesma.”

CV considera que coa presentación deste escrito de reclamación avisan da perigosidade de manter pechada a estrada 2 meses, asi como da perigosidade dos dous desvíos alternativos.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...