InicioPolíticaO Xulgado recoñece aos funcionarios do Concello de Monforte o dereito a...

O Xulgado recoñece aos funcionarios do Concello de Monforte o dereito a dous días libres por coincidir os festivos do pasado Nadal en sábado

O PP de Monforte alédase de que o xulgado recoñeza aos funcionarios do Concello o dereito a dous días libres porque 24 e 31 de decembro de 2022 caeron en sábado, "corrixindo a Tomé".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os populares, o alcalde de Monforte é un ex sindicalista “que tropeza con frecuencia cos traballadores.” Agora, segundo indica o PP monfortino, “unha sentenza do Xulgado do Social de Lugo evidencia a falta de respecto que Tomé e o seu equipo teñen polos dereitos dos traballadores”. A portavoz popular, Katy Varela, explica que ao coincidir os días 24 e 31 de decembro de 2022 en fin de semana, os funcionarios do Concello víronse privados de gozar de dous días libres que lles corresponderían en caso de ser 24 e 31 días laborables.

Varela destaca: “A xunta de goberno local acordou o 4 de abril de 2022 desestimar a solicitude dos traballadores para gozar de dous días libres ao coincidir o 24 e o 31 en sábado, día libre sempre na función pública. A sentenza esgrime que tanto a resolución do 24 de febreiro de 2016 da Dirección Xeral da Función Pública como a resolución do 28 de febreiro de 2019 da Secretaría de Estado de Función Pública, outorgan o dereito de coller eses dous días libres se caen en sábado a todos os empregados públicos”.

Para Katy Varela, esta sentenza, ditada o pasado 20 de febreiro, “é outro exemplo máis da falta de talante negociador de Tomé; peor aínda tendo en que se trata de dereitos laborais e que o alcalde ten un pasado significativamente sindicalista”.

Os populares están convencidos de que “o alcalde de Monforte cre que con subir o soldo, os dereitos dos traballadores xa están cubertos, pero hai moito máis e parece mentira que non se ocupe máis do seu benestar”.

ÚLTIMAS

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...

A Deputación urxe á Xunta a acometer o desdobramento da totalidade do corredor Nadela-Monforte

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, evidenciou a necesidade de completar...