HomePolíticaGarrido: "Á Deputación de Lugo sóbralle onde investir fondos provinciais en Sarria...

Garrido: “Á Deputación de Lugo sóbralle onde investir fondos provinciais en Sarria sen necesidade de invadir a autonomía municipal”

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, cualificou como “inaudito” o anuncio realizado polo presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, aos representantes da ANPA do Colexio Frei Luis de Granada respecto ao derrubamento das antigas vivendas dos Mestres porque trátase de “bens de titularidade municipal, cuxo uso foi cedido á Consellería de Educación para ser empregados como vivendas de profesores”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Claudio Garrido considera que a “sorprendente promesa” do presidente da Deputación agocha “certo tufiño electoralista para tentar rabuñar algúns votos” e lémbralle a Tomé que “á Deputación de Lugo sóbralle onde investir fondos provinciais no Concello de Sarria sen necesidade de invadir a autonomía municipal”. Neste senso, recórdalle que varios proxectos da rede de abastecemento de auga levan meses agardando pola autorización da institución provincial.

Respecto á postura do goberno local sobre a situación das citadas vivendas dos mestres, Claudio Garrido adiantou que o primeiro paso será solicitar á Consellería de Educación a desafectación do uso “porque ao non vivir alí ningún mestre esa desafectación é procedente”. A continuación, o goberno local encargará un informe técnico para ditaminar se en función do estado estrutural dos inmobles é viable a súa rehabilitación ou é máis recomendable a súa demolición.

No primeiro caso, Claudio Garrido adianta que a vontade do goberno local sería iniciar un proxecto de restauración para transformar eses edificios en vivendas para alugueiro social e para a mocidade. Pola contra, se os informes técnicos recomendan o derrubamento, a opción que respaldaría o goberno local sería empregar a parcela para a construción dun edificio público que acolla unha biblioteca escolar e un espazo que poida ser empregado como auditorio ou sala polivalente polos tres centros escolares que se atopan na contorna. Ao respecto, Claudio Garrido sinala que deberíaser “un edificio con certa singularidade arquitectónica por atoparse no Camiño Francés”.

ÚLTIMAS

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...